Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Convocado en A Pobra o premio literario infantil Carlos Mosteiro, con 3.000 euros

A Pobra. Un ano máis, o Concello da Pobra, a Editorial Galaxia e a A. C. Barbantia suman forzas e botan a andar o V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Trátase dun certame que busca homenaxear ao escritor xa falecido, promover os autores e autoras en lingua galega de literatura infantil e fomentar a produción para inculcar o hábito lector nas xeracións máis novas.

As bases introducen algúns cambios con relación a anteriores edicións. Isto exemplifícase no incremento das vías de entrega dos orixinais mediante pendrive ou a través do enderezo electrónico premioliterario.cultura@apobra.gal. Non poderán presentarse a este certame literario aquelas creadoras que acadasen a distinción nunha ou en máis dunha ocasión das últimas catro convocatorias, e a entrega do premio farase coincidir coa presentación da obra galardoada, unha vez editada.

O premio considerará un único texto gañador, ó cal se lle asigna unha dotación económica de 3.000 €, a publicación na colección Árbore da Editorial Galaxia e o repartimento de exemplares entre a rapazada da Pobra. A este respecto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, fixo fincapé no esforzo que realiza a administración local ao asumir parte da edición, ademais do incremento do importe en relación cos tres primeiros anos do certame.

Informar ás persoas interesadas que o prazo de recepción de orixinais remata o vindeiro 30 de novembro de 2022. O xurado estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio na literatura infantil, unha delas da propia editorial. Tamén constará dun/dunha secretario/a, con voz, pero sen voto. O ditame darase a coñecer a finais do mes de decembro. m. c.

24 sep 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.