Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Convocado o premio de relatos Antón Avilés de Taramancos de Noia

NOIA. Desde a concellería de Cultura de Noia, que preside José Pérez Martínez, informaron da nova edición do Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, que este ano celebra a 21 edición. A partir de agora e ata o 15 de setembro poderán concurrir a este concurso todas as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras. “A obra terá que ter unha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadruplicado en exemplares, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen firma e cun lema e utilizando o sistema de plica”, indicaron dende o citado departamento. Os traballos serán remitidos ao enderezo: Concello de Noia, rúa Rosalía de Castro, 2. Establécese un único premio de tres mil euros, ademais dunha escultura conmemorativa do artista local Alfonso Costa e a publicación da obra gañadora. A decisión do xurado darase a coñecer na segunda quincena do mes de decembro. Coa convocatoria deste certame a concellería que dirixe José Pérez segue a lembrar a figura e a obra de Avilés de Taramancos. Destacar que o cartel este ano foi deseñado por Xosé Luis Veiras. m. c.

06 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.