Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Convocan o concurso barbanzán de relatos breves Historias de Mulleres

Os premios consisten en vales de compra para gastar en tendas da Pobra do Caramiñal

Ribeira. A Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade (ABAS) convocou a terceira edición do concurso de relatos breves Historias de Mulleres. Contémplanse catro categorías: adolescente, dirixida a xóvenes de 12 a 16 anos; xuvenil, de 16 a 30; adulta, de máis de 30; e diversa, dirixida a persoas con discapacidade, de máis de 16 anos e convidadas dende a organización. Os traballos deberán ser en galego, orixinais e inéditos, cunha extensión máxima de mil palabras (sen

incluír o título) e cunha temática que trate sobre a violencia, en todas as súas expresións, exercida sobre as mulleres; a igualdade entre mulleres e homes; as súas liberdades e diversidades sexuais; e todo aquilo relacionado coa temática. O prazo de presentación remata o vindeiro día doce de novembro.

Para a categoría diversa establécense un primeiro premio consistente nun vale de 90 € para gastar nos comercios da Pobra, e un segundo 60 €; para a adulta, un vale por 150 €; para a xuvenil, un vale por 150 €; e na adolescente, un primeiro premio consistente nun vale de 80 € e un segundo de 40 €.

Ademais, todos os gañadores recibirán un lote de libros da Fundación Barrié. s. s.

17 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito