Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Convocan un concurso para elixir o cartel das xornadas de Valle-Inclán

a pobra. O Museo Valle-Inclán da Pobra estreou este mércores unha nova exposición con motivo do Día Internacional dos Museos. Trátase dos carteis das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán ó longo dos seus vinte e tres anos de traxectoria. Dous grupos de alumnado do CEP Salustiano Rey Eiras foron os primeiros en visitala, e logo realizaron un itinerario guiado por distintos espazos da localidade vinculados á vida e obra de dito autor. Ademais, o Concello convocou a primeira edición do concurso que busca o cartel para a promoción da próxima convocatoria das xornadas. A técnica e o deseño é libre, inspirándose no mencionado escritor. Empregarase como material cartolina ou papel semellante, do tamaño A3. O certame vai dirixido a maiores de dezaoito anos e ten unha dotación económica de setecentos euros. suso souto

18 may 2022 / 17:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.