Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Crearán unha experiencia multimedia no museo noiés

Noia. O proxecto Noia. A voz do mar resultou beneficiario dunha axuda por parte do GALP Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP). Segundo indicaron fontes municipais, a subvención ascende a máis de 200.000 euros e xa se iniciou o proceso de licitación para poder sacalo adiante.

Con este plan pretenden conseguir a creación dunha experiencia multimedia e interactiva no edificio do Museo do Mar de Noia. Esta experiencia, distribuída ao longo de todos os andares do inmoble, amosará o mar como o eixo da entidade urbana e cultural da vila, dende a súa fundación á actualidade. Introducirá de maneira novidosa aos veciños e foráneos neste relato a través de obxectos que amosan os vínculos do mar coa localidade, pero permitindo tamén escoitar as súas propias voces e relatos.

A través de Noia. A voz do mar, o Concello busca a posta en valor do patrimonio marítimo-costeiro, así como a ampliación do espazo expositivo do mencionado museo e das actividades ofertadas. m. c.

06 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Mar
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.