Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Critica o BNG a contradición da Xunta con San Finx

Lousame. A deputada do BNG no Parlamento, Rosana Pérez, vén de rexistrar unha nova proposición non de lei (PNL) relativa á situación nas minas de San Finx.

Para os nacionalistas resultan contraditorias as declaracións da Xunta, xa que, “logo de votar o Partido Popular en contra do requirimento de estudos de impacto ambiental relativos á mina, agora o goberno popular recoñece a súa necesidade”, resaltan.

A representante nacionalista tamén cuestiona o feito de que se tiveran posto os proxectos de vertido e de adecuación do leito do río a exposición pública “cando non se teñen presentado os respectivos estudos de impacto ambiental que agora a Xunta recoñece necesarios”.

No respectivo á proposición non de lei, os nacionalistas piden, en primeiro lugar, solicitar á empresa concesionaria a tramitación da avaliación ambiental e que se denegue calquera tipo de acción na mina no entanto non se leve a cabo dito proceso.

Ademais, dende a formación tamén se propón que se obrigue á empresa a “establecer garantías legais e avais económicos suficientes para que a empresa faga fronte ás consecuencias de potenciais incumprimentos ambientais”, sinalaron. m. c.

28 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.