Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Curso sobre coidados a dependentes en O Son o 10

Porto do Son. O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns –dependente da Consellería de Sanidade- organiza unha acción formativa sobre Mobilización de Persoas Dependentes e Prevención de Úlceras por Presión que vai ter lugar o venres 10 de febreiro en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, na casa da cultura sonense.

Esta acción formativa, de carácter gratuíto, está dirixida a pacientes, familiares de pacientes, coidadores e cidadanía en xeral. Nela abordaranse os coidados en dependentes: técnicas de mobilización de persoas con dificultade da mobilidade ou prevención de caídas; úlceras por presión: que son e por que xorden e prevención; cambios posturais e adaptacións técnicas para o coidado das úlceras por presión, entre outros temas. A sesión correrá a cargo de Víctor Iglesias Vigo, enfermeiro da área sanitaria de Santiago.

Segundo indicaron dende a administración local, as persoas interesadas en asistir á formación deben enviar a correspondente folla de inscrición (dispoñible na web municipal) ao enderezo electrónico: maria.santos.lemina@portodoson.gal. As prazas, limitadas, asignaranse por orde de inscrición. ecg

19 ene 2023 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.