Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cursos no eido dixital para as mulleres, con tablet gratis

Ribeira. A aula Cemit de Ribeira vai dar cabida ao longo do mes de setembro a un programa de formación dixital dirixido a mulleres. Este programa conta con sendos bloques de 40 horas cada un, que versarán sobre competencias dixitais básicas, destinado ao desenvolvemento dixital para a vida cotiá (do 1 ao 15 de setembro) e competencias dixitais avanzadas (desenvolvemento de estratexias dixitais para o traballo (do 16 ao 30).

Ao remate as asistentes recibirán unha tablet de agasallo. Pódese obter máis información no teléfono 881 820 345 ou no email matriculas@mullerdixital.gal.

Pola súa banda, a aula Cemit do Concello de Boiro ofrecer cursos de formación presenciais para o mes de setembro. Desenvolveranse na aula, situada no centro social da vila, de 10.00 a 12.30 horas.

Entre a formación ofertada está un curso de inicio á informática, que se vai desenvolver entre os días 5 e 9 de setembro; inicio a Internet, que vai ser do 12 ó 15; manexo de correo electrónico de Gmail, que será do 19 ó 22; e tramitación electrónica, os días 27 e 28 de setembro.

As inscricións neste cursos poden realizarse a través do email axentetic@boiro.org ou chamando ó número de teléfono 981 842 635. s. s.

30 ago 2022 / 14:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.