Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Declaración institucional contra a instalación de parques eólicos en Outes

OUTES. A Corporación outense –formada por Compromiso Outes, PP, BNG e PSOE- aprobou por unanimidade no último pleno unha declaración institucional na que se insta á Administración galega a paralizar proxectos eólicos que se están tramitando para propiciar a modificación da lexislación actual creando un marco normativo que beneficie á sociedade, promova o coidado ambiental e evite o impacto dos muíños na poboación. Ao respecto, o alcalde de Outes, Manuel González López, cre que esta declaración institucional “dá boa mostra da preocupación que existe entre a veciñanza” e considera positivo que haxa unanimidade “para facer que, Galicia en xeral e Outes en particular, se beneficien da produción de enerxía”. “Non pode ser que soportemos os custos ambientais e sociais e as eléctricas leven os beneficios”, afirmou o rexedor. m. c.

01 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.