Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Decláranlle a guerra aos plumeiros na vila pobrense

A Pobra. No marco da campaña de voluntariado Agora é o momento!, a localidade da Pobra acollerá o domingo día 28 unha actividade destinada ó control da especie exótica invasora Cortaderia selloana, comunmente coñecida como penacho ou plumeiro.

A iniciativa, que está impulsada polas concellerías de Medio Ambiente e de Voluntariado, consistirá na corta das inflorescencias desta planta para diminuír así a dispersión da gran cantidade de sementes que producen e, en consecuencia, a aparición de novos exemplares.

A actuación focalizarase na contorna do núcleo urbano, en horario de 10.00 a 13.00 horas, e comezarase polas pistas situadas fronte á casa de cultura Raquel Fernández Soler. O Concello proporcionará ós participantes o material pertinente para a realización do referido labor, contando co apoio de Protección Civil. Requírese a inscrición previa antes do xoves día 25 a través do número de teléfono 981 832 764, ou do email voluntariadopobradocaraminal@gmail.com.

Resultará preciso cubrir un formulario de rexistro e un convenio de colaboración, así como a entrega dunha foto de carné, para que a administración local poida tramitar a alta do seguro, o cal non suporá ningún custo para as persoas solicitantes.

A campaña pobrense Agora é o momento! estrutúrase en base a distintos terreos do voluntariado: o social, o medioambiental, o cultural e o de benestar animal. s. souto

23 ago 2022 / 14:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.