Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 02 diciembre 2021
15:47
h

Denuncia o PSOE as deficiencias no paseo da praia de Boa

Elevan a pleno un rogo no que solicitan unha intervención para arranxar os defectos que presenta // Aseguran que existe risco de caída

O grupo municipal socialista de Noia vai solicitar por escrito na vindeira sesión plenaria, a través dun rogo, que se leve a cabo unha actuación urxente no paseo de madeira que percorre o areal de Boa, “o cal está en moi mal estado”, apuntaron dende o partido.

O voceiro da formación, Roberto Iglesias, sinalou que “unha vez que se instalaron as pasarelas de acceso á praia, debeuse realizar unha revisión de toda a estrutura, xa que ca chegada do bo tempo son moitas as persoas que fan uso desta instalación para pasear e son varios os puntos que se atopan nun estado perigoso, como nos trasladaron veciños da contorna e como puidemos comprobar nunha recente visita ó lugar”.

Por iso, os socialistas noieses pedirán “que se faga unha intervención o antes posible, antes de que se poida producir un accidente, pois hai lugares onde a varanda está totalmente no aire e cunha altura considerable no caso de que se produza algunha caída”, indicaron ao respecto.

Segundo resaltaron dende o citado partido, este “segue a ter dentro das súas máximas prioridades a seguridade nas instalacións municipais” e actuarán tal e como xa fixeron anteriormente denunciando algúns puntos perigosos noutros lugares do Concello.

Nesta ocasión, presentarán un escrito “para solicitar o arranxo do paseo marítimo situado ao longo da praia de Boa Grande, ao non levarse a cabo os mantementos precisos nas pasarelas de madeira, e que contan con varias zonas onde estas están totalmente podres ou directamente rotas”, puntualizaron.

Asemade, Iglesias dixo que seguirán percorrendo todos os núcleos de Noia, para trasladar ao goberno municipal este tipo de situacións que “mostran unha total despreocupación nas parroquias por parte do executivo”.

solicitudes Unha das últimas denuncias que realizaron dende o PSOE publicamente, e que tamén levaron a pleno, foi a necesidade de mellorar a seguridade viaria e as áreas de ocio no lugar do Obre “tras anos de abandono desta zona”.

Por outra banda, tamén pediron ao goberno local que lidera o popular Santiago Freire a mellora da contorna do dolmen de A Cova da Moura e do Chan do Páramo, a entrada do cemiterio situado no núcleo de Argalo. En canto ao xacemento, recordaban que este “é parte do importante patrimonio que existe na vila e un lugar moi visitado”.

24 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.