Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 18 octubre 2021
23:45
h

Denunciados 62 rianxeiros por non limpar a maleza nas súas propiedades

Durante os meses de xullo e setembro, a Policía Local de Rianxo propuxo para sanción a 62 propietarios de terreos con carencia de

limpeza, os cales foran requeridos para proceder a dar cumprimento á normativa en materia medioambiental. Tamén efectuou 60 propostas de sanción por infraccións urbanísticas e ocupacións de vía pública carecendo das licenzas e permisos oportunos, e a 9 propietarios de animais por incumprimentos relativos á Lei de protección e benestar animal e á ordenanza de limpeza.

Por outra banda, os axentes levaron a cabo diversos operativos en coordinación coa Dirección Xeral de Tráfico nas distintas campañas de seguridade viaria impulsadas por dito organismo. Como resultado das mesmas foron controlados 6.750 vehículos e condutores, dando lugar a 44 propostas de sanción administrativas, 15 por condución baixo os efectos do alcol, 8 por condución con presenza de drogas no organismo e 21 por infraccións de velocidade.

Dentro dos mesmos operativos instruíronse dilixencias penais sendo postos a disposición xudicial 10 condutores (9 por condución baixo os efectos do alcol, un deles implicado nun accidente) e un por condución con perda total de puntos.

En materia de seguridade cidadá procedeuse a propor para sanción a 3 persoas por infraccións varias á Lei 4/2015 e á posta a disposición

xudicial de 3 detidos por diversos ilícito-penais (tráfico de drogas, reclamación xudicial e atentado a axentes da autoridade).

13 oct 2021 / 13:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.