Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Descargados máis de dous mil bonos da campaña AmaRibeira en só 24 horas

Ribeira. Fulgurante arranque da campaña AmaRibeira con 2.200 bonos descargados nas primeiras 24 horas: practicamente un tercio dos 6.666 bonos de desconto de 30 € que o Concello pon a disposición da veciñanza en apoio ao comercio e a hostalería local.

Ademais, segue elevándose o número de comercios adheridos que, se pouco antes de que principiase a campaña na medianoite do día un rondaba os oitenta, nestes momentos ascende a cento doce.

Cómpre lembrar que para facer uso dos bonos de desconto e mercar no comercio e a hostalería local (por cada de 30 euros de compra tense dereito a un desconto de 10 euros ata un máximo de 3 operacións) hai que activalos na páxina web www.amaribeira.gal premendo en obter bono e seguindo todos os pasos. Como requisito hai que estar empadroado en Ribeira e ser maior de idade.

Os bonos desta campaña poderán ser canxeados ata o vindeiro 31 de xaneiro. s. s.

02 dic 2021 / 17:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.