Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Deseña o teu disfrace seguro’ premiou a dúas escolares ribeirenses

RIBEIRA. O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, entregou este venres no CEIP de Frións, en Ribeira, os premios ás dúas alumnas que, xunto a once escolares doutros centros galegos, gañaron o certame de debuxo Deseña o teu disfrace seguro: Clara Lucía Chouza e Paola Mariño, de sexto de Primaria. A iniciativa busca potenciar o consumo responsable entre os máis novos, concienciando neste caso sobre a seguridade dos produtos. A actividade levaba implícita a realización dunha xornada informativa nos centros escolares na que participaron preto de mil alumnos de toda Galicia, así como a realización dun debuxo por parte do estudantado de 6º de Primaria deseñando o seu disfrace seguro xunto coa súa etiquetaxe. Presentáronse 243 debuxos de 19 centros. Cada gañador recibiu un vale de 100 € para material escolar. S. S.

25 feb 2022 / 17:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.