Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Desestima o Tribunal o recurso do colectivo de arqueoloxía pola licitación do polígono

Ribeira. O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia decidiu declarar desistida a solicitude da Asociación Empresarial Galega de Arqueoloxía do recurso especial contra o lote 2 dos pregos de contratación dos servizos arqueolóxicos para a construción do novo polígono industrial de Ribeira. Así llo comunicou este mércores o devandito tribunal ao Concello ribeirense, cunha resolución que pon fin á vía administrativa.

Deste xeito, prosegue o seu curso o procedemento de adxudicación dunha iniciativa que, cómpre recordar, está dividida en tres lotes. En primeiro lugar, un proxecto de expropiación que conta cun prezo de licitación de 48.400 euros. Conforme ás bases, deberá ser efectuado por persoas facultativas coa correspondente titulación universitaria. Para tal efecto, alo menos un membro do equipo técnico deberá contar coa titulación de arquitectura ou enxeñería. As valoracións do solo, edificacións, instalacións e plantacións realizaranse por persoal técnico con habilitación legal suficiente.

En segundo lugar, un servizo de arqueoloxía de 27.930 euros; diferenciándose dúas etapas: por unha parte as sondaxes arqueolóxicas (un total de 64 catas e 64 zanxas mecánicas) e por outra o control arqueolóxico durante a execución das obras de urbanización.

E en terceiro lugar, o proxecto de urbanización, cun prezo de licitación de 173.030 euros, no que se inclúe as obras de acondicionamento das vías públicas, rede peonil, aparcadoiros e espazos libres públicos, entre outras actuacións.

UBICACIÓN. O polígono estará situado na contorna de Fontenla e Pedras Vermellas, na parroquia de Palmeira, e contará cunha superficie de 258.685 metros cadrados. O orzamento municipal deste ano recolle diversas consignacións relacionadas con esta área, entre eles 1.200.000 € para a expropiación de terreos e 7.992.648 € para a construción e urbanización do mesmo. m. t.

20 oct 2021 / 20:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.