Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 07 mayo 2021
00:13
h

Desminten que o can de Arnela fose un pitbull e tivese que levar bozal

Porto do Son. O pasado domingo unha parella chamaba a este diario para denunciar que o seu fillo de tres anos recibira ata dous empuxóns dun pitbull, ao que os seus donos paseaban pola praia de Arnela, en Porto do Son, sen correa e sen bozal. Aseguraba que o 091 non respondera eficientemente as súas chamadas por consideralo un asunto “sen importancia”. As persoas que facían estas declaracións insistían en que un home ao que lle pediron que lle puxese o bozal se amosara agresivo e tiveran que marcharse. Onte os donos do suposto pitbull púñanse en contacto co xornal para desmentir estas declaracións. Segundo dixo a dona, Jessica Fernández, que ía acompañada do seu irmán e dos seus fillos pequenos, o can non é un pitbull, senón un “american stanford” e non precisa bozal porque é “un cachorro”. Indicou asemade que tiña correa, pero se lle escapou a un dos seus fillos e que “en ningún momento rozou ao neno”. Afirma que a Garda Civil apareceu pola praia máis de media hora despois porque “non había ningún incidente” e que os axentes puideron ver como o animal xogaba tranquilamente cos cativos. A dona do can insistiu ademais en que esta raza non é a culpable, senón as persoas, e alzou a voz pola defensa destos cans, hoxe en día moi demonizados. C.G.

04 may 2021 / 21:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.