Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Desprotexidos ante a COVID: os pais dun noiés con atrofia muscular claman pola vacina

Jéssica e Antonio temen contraer o virus e contaxiarllo ó neno // A enfermidade faino susceptible ás infeccións respiratorias

Andreas Díez ten tres anos e padece Atrofia Muscular Espinal (AME) tipo 1. A súa dependencia é de grao 3 e a súa enfermidade conleva unha gran susceptibilidade ás infeccións respiratorias. Os seus pais, Jéssica Muíños e Antonio Manuel Díez, son os seus coidadores e non foron vacinados contra a COVID.

“Sorpréndenos que os coidadores de grandes dependentes non esteamos nunha lista de vacinación”, di Jéssica, que indica que parece que non os inmunizarán ata que lles toque por lista de idade.

Con só 27 días, este pequeno de Noia foi diagnosticado da devandita enfermidade neuronal dexenerativa, que se manifesta por perda de movemento e debilidade muscular e afecta á deglución e á respiración. Agora, Andreas sométese a un tratamento experimental chamado Spinraza, que implica unha punción lumbar cada catro meses. “Non o cura, pero si lle está axudando a gañar fitos moteóricos impensables para a enfermidade”, relata a nai.

Incrédula, celebra que Andreas “está moito mellor”, pois xa non se atragoa coas súas propias flemas “e é capaz de aguantarse un pouco de pé el só. É un gran avance”.

El sempre levaba posta a súa máscara e o hábito de desinfectar todo o que tocaba xa estaba adquirido na súa casa antes da chegada do coronavirus, pois a AME implica unha gran susceptibilidade ás infeccións respiratorias.

O confinamento non foi algo novo para esta familia, pois adoitan pasar todo o inverno sen saír por medo a que o pequeno enferme. Con todo, agora están a valorar xa a posibilidade de levalo ao colexio o próximo ano e que poida socializar debido aos resultados do tratamento. Pero o medo a que un dos proxenitores se contaxie de COVID e o poida transmitir ó neno non cesa.

Jéssica e Antonio non entenden que non se lles priorice nalgún grupo de vacinación, como si se fixo con coidadores profesionais. Por idade ven afastada a inmunización, xa que ela ten 34 anos e el 35. Só eles son os encargados de coidar ao seu fillo. De feito, ela deixou o seu traballo nun supermercado para dedicarse a esta tarefa. Por iso preocúpalles que se un dos dous enferma, non terán a ninguén que poida facerse cargo do pequeno.

“Nalgunhas comunidades si vacinaron aos coidadores, pero non en todas”, asegura a muller, que conta que lle preguntou aos médicos que tratan ó neno cando os van vacinar, pero que non o saben.

A Consellería de Sanidade asegura que a petición “se expuxo en máis dunha ocasión” por varias comunidades na Comisión de Saúde Pública do Sistema Nacional de Saúde, “sen que houbese un cambio no seu criterio”.

comarcas@elcorreogallego.es

02 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.