Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Detido un rianxeiro por un presunto delito de violencia de xénero

Unha patrulla de servizo da Policía Local de Rianxo recibeu aviso este luns dunha persoa que comunicaba que unha coñecida lle acababa de relatar que o seu xenro tiña retida á súa filla e que acababa de agredilas a ambas, se ben ela se atopaba xa fóra do domicilio. Engadiu que a parella permanecía no interior e que descoñecía o que poidera estar pasando.

Persoados os axentes no lugar, entrevistáronse coa alertante, quen lles corroborou os feitos denunciados. Despois de chamar á porta puideron entrevistarse coa filla da alertante, que presentaba signos evidentes na faciana de ter sido agredida e quen lles confirmou a agresión por parte da súa parella. Os axentes procederon á detención do home e trasladárono a dependencias policiais para instruír dilixencias. Ambas agredidas foron trasladadas ó centro de saúde da localidade para someterse a un recoñecemento médico e para a elaboración dos partes facultativos de asistencia oportunos. O detido, de 36 anos e do que constan seis arrestos anteriores, foi trasladado despois a dependencias da Garda Civil para a súa posta a disposición xudicial perante o Xulgado de Garda de Padrón.

04 oct 2022 / 19:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.