Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 26 enero 2023
04:32
h

Dez boirenses enchen o depósito de combustible cos sorteos da patronal

BOIRO. O presidente da patronal de Boiro, Daniel García, e a xerente da estación de servizo Garlou, Marga Loureda, entregaron os dez premios da campaña Enchemos o teu depósito, que se desenvolveu entre os días 5 e 26 de setembro organizada pola citada entidade empresarial. As persoas premiadas foron elixidas de maneira aleatoria entre os 1.447 tiques de compra rexistrados na web da patronal, e obtiveron como premio cen euros en gasolina e un lavado premium de vehículo na citada gasolineira. Os gañadores son: Mercedes Vieites, Loreto Riveiro, Beatriz Romay, Teresa Fidalgo, Esther Fernández Souto, Sandra Fernández Alcalde, Chus Gómez Fernández, Paula Muíños Cortés e Isabel García Vázquez. García destacou o éxito da campaña, “na liña do verán, con case 500 rexistros semanais de 60 establecementos”. s. s.

05 oct 2022 / 12:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.