Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dezasete locais ribeirenses servirán tapas de lirio gratis nunha xornada de degustación o sábado 12

ribeira. A Cooperativa Santa Uxía de Ribeira, en colaboración ca patronal e a Asociación de Hostaleiros da localidade, organiza a I Xornada de Degustación do Lirio, que terá lugar o sábado 12. Cafeterías, bares e restaurantes do municipio recibirán gratis ese produto, fresco e fileteado, para elaboralo e ofrecerllo ós seus clientes.

Cada establecemento escollerá unha tapa para facer con lirio. Un dos requisitos é que sexa gratuíta: os clientes só pagarán nos restaurantes que decidan facer un prato co lirio para ese día e o engadan á súa carta habitual.

O horario para esta degustación das tapas do lirio será ao longo de toda a xornada. Deste xeito, as veciñas e veciños de Ribeira e quenes visiten o concello poderán degustar a tapa do lirio tó mediodía e á noite.

En total serán dezasete os establecementos participantes. A Recoveira presentará a tapa Non me chames Dolores, chámame lirio, que consistirá en lirio recheo de xamón con queixo afumado e tomatiño confitado; A Caseira vaino facer en escabeche de cabaza; A Fiestra Café-Bar, ó forno con patacas panadeiras en salsa de limón; Brétema, rebozado e en croquetas; El Golimbreo, en tempura; Esmorga, con roliños de arroz e verduriñas; Retablo fará tosta de lirio en tempura con crema de cabaza, queixo de cabra, crocante de xamón e redución de Tarsus; Abuela Gloria fará a tapa The Lirio extreme; Café Plaza presentará o produto adobado empanado; Tapería A de Maris elaborará unha fritura de lirio aliñada; Cocoluche, en empanada; Zum Zum, en montadiño con salsa alioli; El Gourmet Alján, en tosta con crema de tetilla e mango; Casa Patrón, en gabardina con salsa de langostinos; Café Botavara, en tosta con cebola caramelizada e puré de pementos; Tío Pepe fará o petisco TíoPepeBurguerfish; e o Bar Morrison vaino cociñar rebozado.

Esta xornada ten como obxectivo dinamizar o sector hostaleiro e poñer en valor o peixe fresco. s. souto

04 nov 2022 / 17:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.