Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

titu1o 1 col 4li

A Pobra. O Concello da Pobra do Caramiñal oferta unha serie de itinerarios guiados cos cales difundir a cultura e o patrimonio do municipio entre a veciñanza e visitantes.

As visitas ao Museo Valle-Inclán celébranse os venres ás 11.00 e 19.00 horas e supoñen unha oportunidade para coñecer a historia do inmoble e datos sobre a vida e obra do escritor Ramón del Valle-Inclán. Requírese a inscrición previa a través do número de teléfono 981 831 662 ou do correo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.

Doutra banda, bríndase a posibilidade de asistir aos percorridos guiados polo patrimonio co obxectivo de redescubrir espazos e edificios como o Cantón da Leña, a Praza Victoriano García Martí, a casa consistorial ou Villa Eugenia, entre outros. Estas visitas realízanse baixo demanda, polo cal tan só hai que solicitalas chamando ao número de teléfono 671 090 262, ou tamén ao 687 482 835 ou remitindo un email ó enderezo turismo@apobra.gal. s. s.

Lugar. Texto Firma

19 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.