Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dotan de iluminación á Ponte Nafonso, que une as vilas de Noia e Outes

OUTES. A Xunta dotou de iluminación á Ponte Nafonso, que une os concellos de Noia e Outes na estrada AC-196, contribuíndo á súa posta en valor e ao reforzo da seguridade de vehículos e de peóns. A iluminación escollida, en base a un modelo de baliza encaixada no peitoril, sistema tamén usado na Ponte Sampaio, en Pontevedra, realza a monumentalidade da infraestrutura. Esta actuación forma parte dos traballos de rehabilitación impulsados pola Xunta, cun investimento de máis de 700.000 €, que están xa na súa fase final, só pendentes de remates. Cómpre lembrar que en abril se retomaron as obras, tras recibir o visto bo da Comisión de Patrimonio da Coruña o novo proxecto para a ponte, que recollía a configuración do peitoril de pedra en lugar do metálico, e unha vez superado o paro do transporte que retrasou o seu reinicio. s. S.

30 jul 2022 / 11:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.