Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dúas árbores de Boiro optan a ser catalogadas como senlleiras

Boiro. A Xunta someterá a información pública a posible inclusión no Catálogo de árbores senlleiras dun eucalipto azul no concello de Poio e dunha maceira de sebes e unha sobreira en Boiro.

O Concello de Boiro remitiu unha solicitude para a inclusión dunha maceira de sebes (Maclura pomifera), cuxa singularidade se basea na rareza desta especie, que mide 13,5 metros de altura e ten un perímetro de 1,8 metros; e para unha sobreira (Quercus suber), que se incluiría tendo en conta o porte do exemplar, 18 metros de altura e un perímetro de case 3,8 metros. Os dous exemplares están localizados no Pazo de Goiáns.

Este venres publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se inicia este proceso de valoración.

O Catálogo galego de árbores senlleiras é unha ferramenta en constante actualización, podendo propoñer a introdución de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

Na actualidade está formado por un total de 181 elementos (143 árbores e 38 formacións) pertencentes a 80 especies diferentes. m. t.

26 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.