Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dúas persoas evacuadas tras un incendio nunha vivenda do centro de Noia

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas a centros sanitarios ao verse afectadas polo fume dun incendio rexistrado este domingo nunha vivenda do casco urbano de Noia. Os bombeiros de Boiro recibiron a alerta en torno ás 15.00 horas, e foron os encargados de sofocar o lume, que afectou a unha habitación dun primeiro piso do inmoble número 4 da rúa Mazacaños, en pleno casco histórico da vila.

Unha das persoas afectadas era a inquilina da vivenda afectada, e a outra residía no terceiro, que tamén se veu afectado polo fume. Esta última foi evacuada nunha padiola pero, segundo sinalaron os bombeiros, en principio, ningunha delas revestía gravidade.

O incendio provocu danos materiais no piso afectado e tamén ao resto do inmoble debido á propagación do fume. Unha manta eléctrica poido ser a causante.

Ademais dos bombeiros do parque comarcal de Boiro, ata o lugar tamén se desprazaron efectivos do GES de Noia, Garda Civil e Policía Local.

26 jun 2022 / 17:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.