Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dura xa nove anos a obra do centro social de Carreira

Ribeira. O BNG de Ribeira instou ao Concello a finalizar as obras do centro social de Carreira, iniciadas hai case unha década, “para evitar que se sigan deteriorando unhas instalacións pagadas con fondos públicos” e que posibilitarían ós veciños ter un espazo sociocultural axeitado.

A formación lembra que “as obras iniciáronse en 2012, sufrindo sucesivas paralizacións ata 2016, cando se aprobou unha partida de 266.377 euros para rematalas e que nunca chegou a materializarse, ao igual que en 2019, cando se aprobou dedicar 295.580 euros sen que tampouco se fixeran os traballos”.

O pasado mes de febreiro adxudicouse o remate do complexo por 260.000 €, pero segue sen executarse. s. s.

26 nov 2021 / 14:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.