Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Elsa Muñiz pecha este sábado o ciclo musical de cámara de Rianxo

Rianxo. A pianista e compositora Elsa Muñiz pechará o Programa de Música de Cámara 2021 organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música local cun concerto que ofrecerá o vindeiro sábado 4 de decembro ás 20.30 horas no auditorio municipal.

A entrada é gratuíta e a reserva pode facerse a través da web do Concello. Elsa Muñiz comezou os seus estudios musicais con tan só seis anos e formouse no conservatorio de Ribeira. Continuou os seus estudos superiores no conservatorio de Vigo e na Universidade Fryderyk Chopin de Varsovia. Nesta Universidade polaca completou a súa formación cun posgrado en interpretación musical.

No eido da composición crea un novo concepto para definir a súa música: o pianotelling, mestura de literatura e música para piano; cada unha das súas pezas fai referencia a un microrrelato baseado nas súas vivencias. Co álbum Memories superou o millón e medio de reproducións en plataformas dixitais. s. s.

28 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.