Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

de Nadal en Santa Uxía

Ribeira. O Concello de Ribeira convocou un concurso escolar de debuxo e pintura para escoller o cartel e a postal de Nadal. Poderán sumarse ao certame os estudantes de Educación Infantil e Primaria do municipio.

Segundo se recolle nas bases reguladoras, cada neno/a só poderá participar cunha creación en cada modalidade: cartel e postal. O tema da obra, que deberá ser orixinal e inédita, terá que estar relacionado co Nadal.

Os traballos deberán remitirse ata o día 30 de novembro ao centro cultural Lustres Rivas, podendo tamén ser entregados de xeito presencial en horario de mañá.

Os gañadores recibirán uns bonos de 150 euros para gastar no comercio local.

acendido. Un ano máis –e cadrando co Black Friday no ánimo de axudar a estimular as ventas do comercio local– na tarde deste vernes 26 de novembro terá lugar o acendido da iluminación de Nadal do centro urbano.

Os actos principiarán ás 18.30 horas coa inauguración do belén situado no paseo do Malecón para dar paso a continuación ao acendido na praza do Concello.

Ao remate haberá de balde chocolate con churros para os asistentes. m. t.

24 nov 2021 / 20:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.