Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

En marcha as obras de humanización da rúa Santa Irene en O Son

o SON. O Concello de O Son informou do comezo das obras na rúa Santa Irene, coas que se crearán novos espazos para os peóns. Nesta vía de sentido único conviven o tráfico rodado e o tránsito peonil, así como unha zona de aparcamento sen delimitar. Por iso, co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade e a accesibilidade, construirase unha nova beirarrúa de formigón e granito no primeiro tramo da rúa, creando un percorrido continuo entre a rúa Avellaneda e o acceso ao pavillón. O proxecto tamén inclúe a instalación de novo mobiliario, a plantación de árbores e a colocación dunha marquesiña de aceiro laminado para protexer ás persoas usuarias do polideportivo. O Plan Único da Deputación sufragará 174.994 euros dos 179.286 euros do custo total. Conta cun prazo estimado de execución de dezaseis semanas. m. C.

30 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.