Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

En marcha os traballos de conservación na Ponte Ceilán

As actuacións nesta estrutura contan cun investimento de máis de 500.000 euros

Noia. A Xunta iniciou este martes as obras de conservación da Ponte Ceilán, na estrada AC-550 ao paso polos concellos de Noia e de Outes, que suporán un investimento de máis de 500.000 euros. Para acometer esta actuación, durante a xornada deste martes e do mércores, estase a dispoñer a sinalización horizontal de obra, aproveitando as boas condicións meteorolóxicas. Estes primeiros traballos obrigan a afectar ao tráfico co corte dun dos carrís, para o que está habilitado o paso alternativo polo carril libre. Asemade, estes marcan o comezo das actuacións, que contan cun prazo de execución de 6 meses, e que teñen como obxectivo reforzar a seguridade dos peóns.

Resaltar que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade actúa nesta ponte, situada no punto quilométrico 69 da vía autonómica que une os municipios de Noia e de Outes, co fin de aumentar a seguridade dos peóns mediante a substitución da varanda por unha nova.

A varanda virá xa fabricada e pintada do taller en tramos de 6 metros co fin de proceder á súa instalación de xeito rápido. Así, antes do desmonte da varanda actual, realizarase unha limpeza dos restos vexetais nos bordos exteriores das beirarrúas do taboleiro e na cara horizontal da imposta. Esta acción é necesaria para a correcta execución dos traballos posteriores.

Ademais, con esta obra procederase á optimización da eficiencia enerxética mediante a substitución da iluminación existente por outra con tecnoloxía LED. m. c.

20 sep 2022 / 20:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.