Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 26 enero 2021
19:12
h

Entregados na Pobra os premios dos concursos de relato curto e debuxo

A POBRA. O concelleiro de Normalización Lingüística da Pobra, Xabier Santos, entregou os premios do concurso de relato curto e de debuxo A nosa pegada no Nadal, consistentes en vales de compra de 30 € para gastar en diferentes establecementos da vila. No apartado de debuxo, os gañadores foron: na categoría de 3 a 6 anos, Irina Moure Gómez; na de 7 a 10, Derek Rivas Brión; na de 11 a 15, Elena Pariente García; e na de maiores de 16, Celia Lorenzo Muñiz. En canto á modalidade de relato curto, os vencedores foron: na categoría de 7 a 9, Helena González Ramos; na de 10 a 12, Irene Otero Buceta; na de 13 a 15, Ana Picos Olveira; e na de maiores de 16, Rodrigo Brión Insua. A valoración dos relatos foi feita integramente polos 5 membros do xurado, e a dos debuxos contou tamén co 50 % dos Gústame obtidos na páxina de Facebook. s. s.

14 ene 2021 / 17:15
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.