Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Trinta fotos competiron no concurso do Concello // Houbo parodias de cadros de Cézanne e de Velázquez // En xogo tiñan mil euros en premios TEXTO Suso Souto

Entroido virtual con moita arte e humor en Boiro

O xurado estivo formado pola concelleira de Cultura, María Outeiral; un membro da Asociación Fotográfica Olláparo, Eduardo Estévez; e a técnica de Cultura, Elena Dosil.

Presentáronse trinta fotografías, todas elas repletas de arte e humor. Houbo mesmo quen parodiou cadros tan famosos como Los jugadores de cartas, de Cézanne; El príncipe Baltasar Carlos, de Velázquez; ou La muerte de Marat, de Jacques-Louis David. Na categoría infantil, a imaxe gañadora (100 €) foi Gepetto e Pinocho (de Izan e Enzo Nieto); o segundo posto (75 €) foi para A cocción do marisco (de Alejandro e Daniela Freire) e o terceiro (50 €) para Moendo no muíño (de Manuel e Pablo Torrado). Na categoría xuvenil/adulta os gañadores foron Jlobo: chejamos a todas partes (de Natalia Presa), co primeiro premio (175 €); Los jugadores de cartas de Cezanne (de Mateo e Diego Pita), segundo (125 €); e A cesárea da porca (de Carlos Torrado), terceiro (100 €).

En cada modalidade repartiranse tamén 5 accésits en vales de compra de 35 € (infantil) e 50 € (xuvenil) para os finalistas. Ademais, a patronal sorteou un vale de 100 € para consumir no comercio local e que gañou Vendedora do rural (de Sandra H.).

A entrega de premios será este sábado ás 12.00 horas na casa da cultura boirense. Os vales poden consumirse entre os días 20 de marzo e 14 de maio. Todas as fotos formarán unha mostra itinerante polos centros sociais do municipio, que empezará no de Cabo de Cruz.

18 mar 2021 / 15:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.