Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Esclarecen tres incendios en Ribeira, Melide e Vila de Cruces

Axentes da Policía Autonómica en colaboración con axentes ambientais veñen de esclarecer tres incendios que tiveron lugar nos concellos de Ribeira e Melide, na provincia da Coruña, e no municipio pontevedrés de Vila de Cruces.

O primeiro dos lumes que esclareceron os axentes da xefatura da Policía Autonómica en Santiago de Compostela, xunto con persoal do Distrito Forestal IV Barbanza, ocorreu o pasado 31 de marzo, na parroquia de Carreira (Ribeira) debido a un escape de queima que o presunto autor estaba a realizar sen adoptar as debidas medidas de precaución que requiriu a intervención dun axente para a súa extinción. As dilixencias remitíronse ao xulgado de Garda de Ribeira.

Axentes da mesma sede, en colaboración co persoal do Distrito Forestal III-Santiago Meseta Interior, esclareceron outro incendio que se produciu o pasado 15 de abril na parroquia de Grobas do municipio de Melide, que afectou 400 metros cadrados de superficie arborada e 100 metros cadrados de monte raso. O lume orixinouse tamén cando o presunto autor realizaba queimas de restos forestais sen medidas de seguridade e na súa extinción participou un axente. Por estes feitos enviouse atestado ao Xulgado de Instrución de Garda de Arzúa.

Por outra parte, na parroquia de Camanzo, no concello pontevedrés de Vila de Cruces, rexistrouse o pasado 5 de maio un lume que afectou 1.300 metros cadrados de monte raso e en cuxa extinción participou un axente. Axentes da Policía Autonómica de Santiago e persoal do Distrito Forestal XVI-Deza Tabeirós colaboraron na investigación deste incendio que se orixinou cando o investigado estaba a facer unha queima de restos de talas e que se estendeu ao monte por non térense adoptado as medidas de precaución oportunas. Do actuado, enviouse atestado ao Xulgado de Instrución de Garda de Lalín.

No que vai de ano, o Grupo de Incendios da Policía Autonómica investigou a 18 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

11 may 2021 / 20:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.