Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Esixen máis implicación para adaptar a planta lousamiá

Lousame. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, esixiu ao Goberno do Estado “implicación” para adaptar a planta de reciclaxe de Lousame á directiva europea e que “se comprometa cun modelo de reciclaxe e exemplo de vangarda en Europa”.

Así mesmo, o deputado demandou aclaracións tras a nota recibida nos municipios que conforman a Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza co cambio da Subdirección Xeral de Economía Circular do MITECO, enviada pola Xunta de Galicia, “na que o Ministerio parece apostar pola incineración”, afirmaron dende o partido nacionalista.

Segundo explicaron, dita mancomunidade, que presta servizo a 9 concellos da Coruña (Lousame, Brión, Ames, Noia, Porto do Son, Muros, Carnota, Rois e Pontecesures), conta cun “modelo de compostaxe de proximidade pioneiro no Estado español que supón un motivo engadido para o seu mantemento”.

Neste sentido, Nestor Rego asegurou que “en contraposición ao sistema de tratamento que promove o Goberno galego, executado por Sogama, a planta de Lousame recupera 51.1 quilogramos por habitante cada ano. Fronte a iso, o modelo da incineración da Xunta de Galicia só recupera 13.1”, subliñou. m. c.

07 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.