Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Espectáculos e teatro no programa cultural de Muros polo 17 de maio

muros. No marco da programación que a concellería de Cultura de Muros organizou para conmemorar o Día das Letras Galegas, que se celebra o vindeiro martes, nos próximos días os muradáns poderán desfrutar de varias actividades. Dentro da axenda da Mostra Xosé Agrelo, este sábado, día 14, a compañía Aquelando

Teatro interpretará Unha petición de man e unha voda. A representación terá lugar no auditorio do centro cultural a partir das 21.00 horas. Entrada gratuíta. Nesta mesma ubicación, o vindeiro martes terá lugar o espectáculo Extra!, de Paco Nogueiras; o 19 subirase ó escenario o grupo de teatro do centro ocupacional de Valadares con O segredo do anel. Cambiando de tercio, o mércores día 18 os nenos poderán asistir ao contacontos Quen canta alí? Será na axencia de lectura da parroquia de Esteiro a partir das 17.30 horas. m. c.

13 may 2022 / 19:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.