Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 27 noviembre 2022
02:17
h

Estudantes de piano do conservatorio ribeirense actuaron en Pontevedra

RIBEIRA. Unha vintena de alumnos e alumnas de piano do Conservatorio de Música Profesional Enrique Paisal, de Ribeira, trasladáronse a Pontevedra devolvendo a visita que os estudantes do Conservatorio Mayeusis desa cidade fixeran ao centro barbanzán en decembro. Os ribeirenses ofreceron alí un concerto e logo visitaron o Museo Provincial. Por outro lado, esta fin de semana haberá un novo encontro da Aula Galega de Saxofón de Ribeira. Nesta ocasión, ademais das masterclass impartidas polo profesor titular Xabier Casal, o cuarteto Deleria Ensemble ofrecerá un concerto este sábado ás 20.30 horas. Para asistir é preciso enviar un email a conservatorio@ribeira.gal. Dáse a casualidade de que todos os membros da formación asistiron como alumnos nalgunha das 14 edicións que leva desenvolvéndose este seminario. s. s.

29 abr 2022 / 18:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.