Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Expertos van falar sobre a transición enerxética en Lousame o 1

Organiza Deloa e a entrada é gratuíta previa inscrición a través da súa web

Lousame. A Asociación de Desarrollo Local Deloa, lanza a terceira xornada dentro do ciclo Cara unha economía local rexenerativa o vindeiro xoves 1 de xullo, na mina de San Finx (Lousame). Nesta ocasión cunha experiencia pioneira de creación dunha comunidade enerxética local, nunha pequena vila de Soria.

“Unha comunidade enerxética local é unha fórmula de autoconsumo colectivo por parte de socios como a cidadanía en xeral, asociacións, cooperativas, empresas e administracións públicas, entre outros. Individual ou colectivo, está chamado a ser protagonista no cambio de modelo enerxético”, explican dende a mencionada asociación.

A xornada será inagurada pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e o vicepresidente da Fundación Paideia

Galiza, Guillermo Vergara. Contará con Alfonso García, presidente de Unión Renovables; Carlos G. Patiño, representante en Galicia de Rede Eléctrica Española; e Tomás Cabezón, deputado do PP por Soria e antigo tenente alcalde de Castilfrío de la Sierra, “primeiro pobo en poñer en marcha esta experiencia público-privada en comunidade enerxética”, indican.

A entrada é gratuíta, pero os interesados deben inscribirse previamente na web deloa.es/transicion-enerxetica e até completar aforo.

Lembrar que Deloa, constituída por institucións públicas e privadas das comarcas do Sar, Barbanza e Noia, quere impulsar un foro de debate continuo sobre o desenvolvemento territorial, en eidos claves de rexeneración. m.t.

23 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.