Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Falece a condutora do coche implicado nun accidente na AC-550 en O Son

Porto do Son. Este domingo falecía no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago a condutora dun dos turismos implicados no accidente que tivo lugar o pasado venres na AC-550 ao seu paso por Nebra (O Son). A muller, unha moza de 22 anos veciña da parroquia sonense de Caamaño, tivo que ser excarcelada polos bombeiros de Boiro e Ribeira e evacuada nun helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico, onde permanecía ingresada como consecuencia das lesións sufridas no sinistro. Ademais dela, no turismo viaxaban dous irmáns seus, un dos cales continúa hospitalizado.

No accidente viuse involucrada unha furgoneta na que ían sete turistas estranxeiros, dos cales catro sufriron lesións. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros, axentes da Garda Civil, a Policía local de Porto do Son, membros de Protección Civil de O Son, do GES de Noia e servizos de emerxencias sanitarias. ecg

06 jun 2022 / 15:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.