Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Familias sonenses poden solicitar achegas para a compra de ordenadores

Estas oscilarán entre os 200 e 400 euros en función da renta per cápita do ano 2019

Porto do Son. As familias sonenses poderán optar a axudas para a adquisición de equipos informáticos para alumnos do concello de Porto do Son matriculados en educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grado medio e superior de formación profesional en centros públicos ou concertados.

Segundo sinalaron fontes municipais, a finalidade destas subvencións é “favorecer a escolarización do alumnado nos seus domicilios, provendo ás unidades familiares de ferramentas informáticas para que poidan acceder ás novas tecnoloxías dende os seus fogares”.

Así, no marco do programa Son-Educa subvencionarase a compra de ordenadores portátiles e de sobremesa. As achegas oscilarán entre os 200 e 400 euros en función da renta per cápita anual. A partida habilitada para tal fin ascende a 60.000 euros.

As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes a través do rexistro xeral do Concello de Porto do Son ou ben na sede electrónica.

As solicitudes valoraranse tendo en conta a renta per cápita da unidade familiar de convivencia do ano 2019. A instrución do procedemento corresponderalle á concellería de Servizos Sociais, que lidera a edila Magdalena Pérez. Máis información na páxina web municipal. m. c.

03 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.