Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fan alegacións polo proxecto do parque eólico de Outes e Mazaricos

Alcalde e lugareños temen pola incidencia que poida ter no medio así como na poboación

Outes. O Concello de Outes presentou alegacións ao proxecto do parque eólico de Maragouto, que prevé instalar 10 aeroxeradores entre o municipio outense e Mazaricos. Para o alcalde, Manuel González, o proxecto “debe redefinirse ó pretender instalar os aeroxeradores en solos clasificados no PXOM como solo rústico de protección forestal, agropecuaria e de augas”.

O goberno local xunto coas plataformas veciñais Apeom e Quijote de Outes, detallan que a zona de afección do parque proxectado afectará ao modo de vida da poboación ao incidir en vivendas, en terras agrícolas, gandeiras e forestais. Nesta liña, apuntan que a instalación renovable “aséntase directamente enriba de brañas e zonas húmidas con hábitats prioritarios que cómpre conservar e que teñen figuras de protección, como é o caso do ZEC Esteiro do Tambre e ZEC Carnota-Monte Pindo”, afirmaron.

Rexistraron máis de 200 alegacións e informes técnicos sobre a biodiversidade e outro sobre o patriomonio arqueolóxico. Ao respecto, cren que o Plan Eólico de Galicia non debería aplicarse “por non contemplar as normativas paisaxísticas, de impacto ambiental ou de protección arqueolóxica e cultural”.

Por último, González tamén subliñou que a actual lexislación “non protexe os intereses das comunidades nin dos concellos rurais” e que os beneficios xerados por esta industria “deberían repercutir en moita maior medida na nosa contorna”. m. t.

29 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.