Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Abordou onte co mandatario local os proxectos clave para o Concello // Avaliaron o plan de saneamento e as obras de mellora do sistema de abastecemento // Tamén confirmou a rehabilitación integral do IES Campo de San Alberto TEXTO María Cano

Feijóo comprométese a axilizar a creación do ambulatorio noiés

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse co alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, a axilizar o proceso para a construción do novo centro de saúde. Fíxoo durante unha reunión que mantiveron, e que serviu para que ambos tratasen os proxectos clave para a localidade noiesa.

Entre eles destacou o ambulatorio, que dará servizo ós máis de 32.000 veciños da comarca. Ao respecto, Feijóo valorou que o Concello se comprometa a xestionar a parcela, e salientou que a Administración autonómica “licitará o proxecto construtivo de forma simultánea ao proceso de cesión, co obxectivo de axilizar esta infraestrutura”.

Durante o encontro, no que tamén estivo presente a concelleira de Economía, Facenda e Deportes de Noia, Laura Salgado García, o presidente da Xunta de Galicia referiuse tamén ao proxecto para converter un antigo estaleiro, situado en Abruñeiras, nun edificio de usos náutico-deportivos. Nesta obra colaborarán a Secretaría Xeral para o Deporte, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello. En canto a prazos, prevén executala neste mesmo ano.

Así mesmo, ambos mandatarios avaliaron o plan de saneamento que se elaborou co obxectivo de realizar unha radiografía completa do sistema de saneamento do municipio; a posibilidade de levar a cabo a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR); así como as obras de mellora do sistema de abastecemento, que contarán cun investimento que ascende a case un millón de euros.

Por outra banda, en materia de infraestrutura, Núñez Feijóo reiterou o compromiso coa reparación e posta en valor da Ponte Nafonso; un proxecto cuxa licitación prevese para finais de febreiro ou principios de marzo, co obxectivo de que se poida executar no segundo semestre de 2021. E, no eido educativo, confirmou a execución no verán da rehabilitación integral do instituto Campo de San Alberto, cun presuposto de máis dun millón de euros.

No tocante ao COVID, o titular do Executivo galego salientou que desde o inicio da pandemia, no marco do Plan de Reactivación posto en marcha polo Goberno autonómico, activáronse diversas liñas de axudas das que se beneficiaron máis de trinta empresas do municipio.

Así mesmo, aproveitou a xuntanza para destacar tamén a colaboración entre ambas administracións na loita contra o coronavirus, coa entrega de material por parte da Xunta como máscaras, xel hidroalcólico, luvas, batas, traxes, desinfectantes e pantallas faciais.

CENTRO DE SAÚDE A construción dun novo centro de saúde no Concello de Noia é unha antiga reivindicación da cidadanía. Hai tempo que se descartou a rehabilitación integral do actual inmoble, ao non ser de titularidade autonómica, xa que pertence ao Estado e comparte instalacións con outros servizos.

As carencias que presenta o edificio son a principal razón para a posta en marcha do novo proxecto. Cómpre lembrar que estas instalacións sanitarias son a referencia na súa área de influencia. De feito, ao seu punto de atención continuada (PAC) acoden veciños doutros municipios, como Lousame ou O Son.

O PROTAGONISTA
“Queremos que se ubique na mesma zona que o actual”
Santiago Freire
Alcalde de Noia

O alcalde de Noia avanzou que a ubicación que se prevé para instalar o novo ambulatorio é unha parcela de titularidade municipal da unidade de actuación número 3 de San Lázaro. “A maiores imos a mirar de xestionar algún terreo adicional para ter máis superficie”, dixo o rexedor, quen destacou que buscan “que estea na mesma zona onde xa está o existente, con fácil estacionamento e con proximidade bastante para cando haxa unha intervención do helicóptero. Unha área próxima ao núcleo urbano e ao centro de saúde actual, co cal non lle supón nin trastorno á hora de desprazamentos nin por cambio de ubicación”. Freire tamén comunicou que van a iniciar os trámites para a cesión e a posta a disposición dos terreos. Dende o Concello agardan telo operativo nun período medio de dous ou tres anos.

{ BLANCO O NEGRO }
Invertir en
lo esencial
María Cano

EL CENTRO DE salud de Noia se ha quedado obsoleto. Son múltiples las deficiencias que presentan las actuales instalaciones sanitarias. Los facultativos ya han denunciado en numerosas ocasiones los problemas, entre los que destacan las barreras arquitectónicas, la falta de espacio en las salas de fisioterapia, la ausencia de conexión interior para la sala de radiografías o consultas compartidas por áreas diferenciadas, entre otras muchas. Por ello, la reinvindicación de un nuevo ambulatorio es un tema prioritario en el que llevan años trabajando, tanto desde el Concello noiés como desde la Xunta. Es una necesidad mejorar los servicios a los usuarios y las condiciones de los trabajadores. Más que nunca, debemos invertir en lo esencial.

17 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.