Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ferrón critica os custes do novo auditorio de Ribeira

Ribeira. O portavoz municipal de Suma Ribeira, Xurxo Ferrón, calificou de “rocambolesca” a situación xerada co proxecto do novo auditorio e o gasto “desproporcionado” que vai supor ás arcas municipais respecto do orzamento inicial de dous millóns e medio de euros. Neste sentido afirma que “polo de agora, xa ascende a máis de catro millóns, e hai que sumar un novo capítulo co desaxuste na previsión do equipamento”.

Suma Ribeira lembra que no pasado pleno votou en contra dun crédito extraordinario de 75.000 euros para complementar a subvención da Deputación por importe de 300.000 euros, co que se faría fronte aos gastos de maquinaria, iluminación, etc. da nova infraestrutura, “por ser unha cantidade claramente insuficiente para as necesidades reais do auditorio”.

Ferrón asegura que “sendo austeros, o orzamento real do equipamento iría ao dobre desa cantidade, cando menos 750.000 euros”, e explicou que “o propio preámbulo do proxecto recollía xa esa realidade, recoñecía eufemisticamente que a previsión feita non sería suficiente”.

Para o concelleiro de Suma Ribeira “non é de recibo que logo dese debate, o pasado luns o alcalde ribeirense, Manuel Ruiz Rivas, recoñecera aos grupos políticos que esta formación levaba razón e que, posto en contacto coa empresa responsable do proxecto, esta confirmou que debía incrementarse a dotación inicial de recursos e, por tanto, o seu custe”. suso souto

08 ene 2022 / 14:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.