Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Festival benéfico en Noia a favor de ‘Cuidamos de los niños’ el 10 de junio

Noia. A casa do concello de Noia acolleu a presentación do Festival Benéfico fixado para o vindeiro 10 de xuño, que se celebrará na Alameda de Noia a partir das 17.00 horas. A concelleira de Deportes de Noia, Laura Salgado García, xunto cos representantes dos colectivos implicados na cita solidaria, foi a encargada de desgranar o programa previsto para esa xornada.

O cartel inclúe ás 17.00 horas unha sesión de zumba, con Luisa de Kitis Katis e Luis González, e varios obradoiros. A partir das 19.00 horas será o turno da música, que chegará co concerto de Márnama, The Garage Banda.

Por último, dende as 21.00 horas e ata as 2.00, para poñer fin ao festival, a Disco Móbil Chocolate encargarase de facer vibrar aos presentes.

Ademais, con motivo do Festival Benéfico, lanzan unha camiseta para que todo aquel que queira aportar o seu gran de area á causa o faga mercando a mesma, que pode adquirirse a 5 euros.

Coa mesma finalidade, tamén habilitaron un número de conta para doazóns: ES11 2080 0381 0130 4000 5200.

Laura Salgado destacou que todo o recaudado será destinado, integramente, a Cuidamos de los niños (Obra Social de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago), cuxo obxectivo fundamental é facer do hospital unha segunda casa para os nenos e nenas, mellorando a súa calidade de vida. “Queremos agradecer a todos os colaboradores que fan posible este festival”, concluíu a concelleira. m. c.

07 jun 2022 / 20:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.