Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Finalizadas as obras de mellora da seguridade entre A Arnela e Abuín

PORTO DO SON. O Concello de Porto do Son informou que xa remataron os traballos cos que se mellorou a seguridad viaria no tramo de estrada AC-550 entre os núcleos de A Arnela e Abuín, que ata o momento contaba cunhas marxes estreitas.

As tarefas, que contaron cun orzamento total de máis de 130.000 €, dos que a Deputación de A Coruña achegou 114.000 € a través do Plan Único, leváronse a cabo entre os puntos quilométricos 89+910 e 90+245 e dividíronse en tres tramos. No primeiro, executouse o camiño continuando a beirarrúa existente con formigón armado, sobre o que se proxectou un muro de contención no que se colocou unha baranda de aceiro. Nos seguintes tramos a beirarrúa discorre pola marxe esquerda, e debaixo dela executouse unha rede de pluviais e substituíronse dúas tapas de pozos de saneamento.

Outra das actuacións que está a punto de concluír é a da rúa Santa Irene, no núcleo sonense, tamén financiada con cargo ao Plan Único. O obxectivo da intervención é mellorar as condicións de seguridade e a accesibilidade, construíndo unha nova beirarrúa de formigón e granito no primeiro tramo da rúa, creando un percorrido continuo entre a rúa Avellaneda e o acceso ao pavillón municipal. m. c.

14 jun 2022 / 20:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.