Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 30 junio 2022
22:00
h

Fomento Agrícola Castellonense si pode xestionar as EDAR,s de Ribeira

RIBEIRA. O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia vén de resolver favorablemente o recurso da Sociedad de Fomento Agrícola Castellonense S.A. contra o acordo do pleno de Ribeira do 31 de maio polo que se denegaba a adxudicación á devandita empresa da contratación dos servizos de mantemento das depuradoras de Couso e Corrubedo, polos votos en contra do PBBI e do BNG, fronte ós votos a favor da adxudicación do PP e a abstención de PSOE e Suma Ribeira. A consecuencia da resolución será a retroacción do expediente ó da emisión (favorable) do ditame pola Comisión de Urbanismo. s. s.

20 jul 2021 / 18:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.