Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Función teatral no Elma o día trece

a pobra. A Pobra do Caramiñal continúa inmersa no teatro durante o mes de novembro co ciclo organizado pola concellaría da Cultura, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Redrum Teatro subirá ás táboas do Elma o vindeiro día 13, ás 19.00 horas. A función Un home con lentes de pasta partirá da historia de Sheyla, quen acaba de ser abandonada pola súa parella. Estará dirixida polo lalinense Álex Sampayo. No elenco de actores figuran Guillermo Carbajo, Sheyla Fariña, Laura Míguez e Fernando González. A obra aborda as relacións persoais e o efecto sobre elas das aparencias, o narcisismo ou a manipulación. Dende Cultura indicaron que a entrada é libre ata completar aforo. cg

08 nov 2022 / 18:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.