Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 21 septiembre 2021
11:02
h

Galiza Nova solicita un transporte de calidade para a comarca noiesa

Aseguran que a falta de conexións afecta á independencia da xuventude da zona

Noia. A necesidade de mellorar as conexións de transporte colectivo da comarca de Muros-Noia é a última reivindicación de Galiza Nova, ☻a organización xuvenil do BNG.

Paulo Ríos, deputado nacionalista e secretario xeral do citado organismo, lembrou onte nunha rolda de prensa que levan anos reclamando “unha mellora do servizo que nos une á capital. Dende as asembleas dos diferentes municipios veuse poñendo de manifesto este problema, que ademais afecta especialmente á independencia da xuventude”.

Así mesmo, aseguran que a mobilidade entre núcleos de poboación tampouco mellora. “A conexión da nosa comarca coas urbes de Boiro e A Pobra é un magnífico exemplo, municipios cos que gardamos unha relación histórica, tanto económica como social, e que se atopan a escasos 20 minutos de coche”, comentou ao respecto.

Unha situación que se repite, indicou Paulo Ríos, en moitas aldeas, tanto a nivel local como comarcal. “A ausencia de aposta polo transporte público desincentiva o seu emprego, afecta á calidade ambiental e provoca dependencia e falta de liberdade na nosa xuventude”, dixo o deputado, quen tamén solicitou que se amplíe o rango de idade da tarxeta de transporte metropolitano Xente Nova ata os trinta anos. m. c.

19 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.