Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Galp busca mozos da comarca para garantir o relevo no sector do mar

Unha segunda edición do plan formativo que comeza este mes e se prolongará ata marzo

Porto do Son. Despois dunha primeira edición en Porto do Son, o Galp Costa Sostible vai organizar unha nova proposta formativa para a capacitación de mozos e mozas da comarca coa finalidade de garantir o relevo xeracional no sector pesqueiro. As sesións comezarán este mesmo mes e prolongaranse ata marzo.

Ten como obxectivos: facilitar espazos de posta en común, en relación ao sector pesqueiro, para mozas e mozos do territorio que teñen inquietudes e obxectivos comúns e moito que aportar nos eidos pesqueiro e social; sensibilizar aos xoves na importancia que este campo ten no desenvolvemento territorial e a súa repercusión no patrimonio, desenvolvemento turístico e oferta gastronómica; continuar apoiando a profesionalización e fomentando a innovación para que se siga a manter como un motor da economía a través da creación de emprego, apoio á empregabilidade e da inclusión social ou poñer de manifesto a importancia de preservar os recursos e zonas costeiras e de loitar en contra do cambio climático.

Esta iniciativa busca candidatos de idades comprendidas entre os 16 e 30 anos e o lugar no que se desenvolverá dependerá da procedencia dos inscritos. As persoas interesadas poden inscribirse na web arenariacoordinacion.com/relevo2020/. m. c.

13 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito