Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Gastronomía, música e humor no Festórreo de Carnota este sábado

Carnota. Despois de dous anos de pandemia, a Asociación Cultural Canle volve á carga. Coa colaboración do Concello de Carnota, organiza este sábado unha nova edición do Festórreo, no que a gastronomía tradicional, a música e o humor serán os ingredientes esenciais. Celebrarase a partir das 20.30 horas na eira do emblemático hórreo da parroquia de Lira.

O programa de actividades arrancará cunha degustación de empanadas de millo que estará amenizada polo grupo A Tajea. Posteriormente, ás 23.00 horas, ofrecerán o seu especial informativo denominado Canle Nius.

O broche de ouro será musical e virá da man de Adhara and Ritman, A Quinkillada e Festicultores Troupe.

Por outra banda, recordar que en agosto continuará o programa de visitas guiadas que organiza o Concello. O día 4 terá lugar a subida á Moa e o 11 a ruta que percorre o Museo Arqueolóxico Aberto (nocturna). Máis información no 610 228 083. ecg

29 jul 2022 / 20:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.