Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Goberno local e PP de Outes abordan o desbloqueo da ubicación do polígono

Outes. O alcalde do Concello Outes, Manuel González López, e a tenente de alcalde, Alba Quintela, reuníronse este xoves coa portavoz do Partido Popular, Beatriz Molinos, e o concelleiro desa formación, Andrés Castro, para tratar de desbloquear a aprobación inicial da modificación do PXOM con vistas a poder dotalo de chan industrial.

A Corporación municipal outense leva xa dous anos traballando neste asunto de vital importancia para o Concello e, logo de sondear a opinión do sector empresarial da localidade e de ser debatido polos distintos grupos políticos, o goberno propuxo a zona da Xurisdición, nas inmediacións da Serra de Outes, como o lugar máis axeitado para albergar o solo industrial.

A proposta someteuse á aprobación inicial na sesión plenario ordinaria celebrada o pasado mes de marzo, se ben daquela non resultou aprobada, por contar cos votos en contra do BNG e as abstencións de PP e PSdG-PSOE (a aprobación precisa da maioría absoluta do pleno).

Logo deste primeiro intento, leváronse a cabo dúas reunións da comisión nas que participan todos os grupos municipais co obxectivo de resolver dúbidas técnicas e administrativas sobre a proposta presentada.

Agora, na reunión mantida esta semana entre o goberno local e o principal partido da oposición, analizáronse diversos aspectos co obxectivo de que a aprobación inicial resulte efectiva na sesión plenaria que se vai celebrar o vindeiro día 25 de agosto. s. s.

20 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.