Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 30 noviembre 2021
22:22
h

González e Lenguas abordan futuras obras de mellora no bordo portuario do Freixo

Tamén trataron o retraso da reparación dos pantaláns, que se debeu a problemas técnico-administrativos

Outes. O alcalde de Outes, Manuel González, mantivo este martes unha reunión coa presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, para tratar a tardanza no arranxo dos pantaláns do porto do Freixo.

O mandatario aproveitou para trasladarlle á presidenta o malestar dos usuarios das intalacións, en particular dos mariscadores e mariscadoras, polo mal estado das mesmas.

Segundo a información proporcionada ao alcalde no encontro, o retraso nas obras debeuse a problemas técnico-administrativos previos ao inicio das mesmas, aínda que os traballos xa están contratados dende fai meses. Prevese que non comecen ata xaneiro, aproveitando a parada da campaña marisqueira.

Por outra banda, González abordou con Lenguas a necesidade de acometer melloras estruturais no paseo marítimo do Freixo, en particular nas pasarelas de madeira que comunican a zona dos pantaláns co centro náutico, así como a posibilidade de humanizar a fachada marítima co fin de reordenar o tráfico nesta franxa. m. c.

06 oct 2021 / 20:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.